Fenómenos atmosféricos.

1.RAIOS INTERESCAPULARES:

Son raios visibles ao amencer e anoitecer, e consisten na difusión da luz dos raios solares na atmosfera.

2..ARCOÍRIS MÚLTIPLES:

Os arcoiris poden formarse en serie e formar unha sucesión de ata 4 exemplares. Cada un fórmase pola luz do Sol que atravesa as gotas de auga e de chuvia e se refracta.

 

3.GLORIA SOLAR

É un fenómeno óptico que ocorre mediante a retrodispersión(unha refracción, reflexión e difracción conxunta) da luz sobre a súa propia fonte a través dunha nube formada por gotas de auga de tamaño diminuto pero uniforme, formando numerosos aneis de color.

 

4. HALO SOLAR

É un efecto óptico que ocorre en rexións moi frías do planeta e iso débese a que se produce cando as partículas de xeo suspendidas na troposfera refractan a luz que chega dende o Sol, creando un espectro circular arredor deste, ou,en casos moi particulares, da Lúa. Polo xeral estes aros adoitan ter cara a dentro colores vermellos mentres que fóra concentran o amarelo, verde e azul.

5.ARCOÍRIS DE NÉBOA

É similar a un arco iris, pero debido ao pequeno tamaño das gotas de auga que causan a néboa, teñen colores máis débiles, cun borde exterior vermello e o interior azulado, que ás veces semella branco.

6. ARCOÍRIS LUNAR:

É un fenómeno atmosférico que ocorre grazas á refracción da luz solar reflexada na Lúa sobre unha choiva ou neblina nocturna.

 

http://www.ojocientifico.com/5720/10-fotos-de-inusuales-fenomenos-en-la-atmosfera-que-debes-conocer

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta