O Océano Ártico abómbase por exceso de auga

Uns satélites da Axencia Espacial Europea, detectaron un ”abombamento” no Océano Ártico de auga doce, probablemente producido polo vento dende hai 15 anos. Nestes anos, o volume de auga doce aumentou 8000 kilómetros cúbicos.

Científicos do Centro Polar de Observación e Modelación do University College of London e o Centro Nacional Oceanográfico do Reino Unido mediron o nivel do mar entre 1995 e 2010. Están convencidos de que se a  dirección do vento ártico cambiara, a auga verteríase no Océano Atlántico, o que provocaría o arrefriamento do clima de Europa.

Cren que o que provoca esta acumulación de auga doce é que se está acelerando un gran sistema de circulación oceánica chamado Xiro de Beaufort debido aos fortes ventos árticos.

Unha investigadora e autora da investigación, Katharine Giles, comprobou que os cambios tiñan relación directa co comportamento do vento e sinala que o xeo actúa como barreira entre a atmósfera e o océano.

http://www.elmundo.es/elmundo/2012/01/23/natura/1327337534.html

 

 

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta