O prezo por ser tan intelixentes

Facer funcionar o noso cerebro require de moita enerxía e os seres humanos pagamos un alto prezo por ser tan intelixentes, xa que ésto fíxonos máis débiles fisicamente respecto doutros primates, afirma un novo estudo levado a cabo por un equipo de investigadores da Universidade de Massey (Nova Zelandia).

Certamente o cerebro consome un 20% da nosa enerxía cando descansamos, o que supón máis do dobre do que consomen os cerebros dos chimpancés e outros primates, por exemplo. En canto a volume, a media humana é de 1.400 centímetros cúbicos, é dicir, tres veces máis grande que os outros primates.

Para pescudar o impacto deste volume no noso corpo, os investigadores revisaron os perfís de consumo de enerxía de cinco tecidos diferentes, tres deles localizados no cerebro, en catro especies de animais, humanos, chimpancés, monos rhesus e ratos, cuxos tecidos foron extraídos pouco despois da morte. A comparativa dos datos deu como resultado que os perfís dos ratos, monos e chimpancés eran similares, é dicir, que a evolución non chegou a alterar significativamente ningún dos seus tecidos. Con todo, no caso do ser humano, o perfil dos tecidos relativos ao cerebro alteráronse drasticamente en comparación cos demais. Concretamente, os investigadores calcularon que os metabolitos(calquera molécula capaz de producir metabolitos) de humanos evolucionaran catro veces máis rápido que os do chimpancé.

Pero a investigación non deixou de sorprender aí. Tras un experimento de exercicio intenso de forza con macacos, chimpancés e humanos, que tiña como obxecto comprobar se o ser humano é a especie máis débil se se ten en conta o tamaño do corpo, os participantes humanos demostraron ser só a metade de fortes que os outros primates.

Segundo os investigadores, que publicaron o seu estudo na revista PloS Biology, non queda claro por que as diferencias cerebrais entre os seres humanos e outros primates levan a unha forza muscular máis débil, pero o argumento de que o responsable pode ser o alto consumo de enerxía do noso cerebro cobra forza. A evolución do ser humano de cerebros máis grandes e músculos máis débiles non é unha coincidencia senón unha reasignación dos recursos enerxéticos entre os tecidos, afirma Philipp Khaitovich, líder do estudo.

WWW.planetacurioso.com

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta