Expedición a Marte sen regreso

 

Casi 40 españois dos 3722 que se presentaron voluntarios para a misión Mars One, un proxecto organizado por unha fundación holandesa para enviar, no prazo dunha década, a catro seres humanos á primeiro viaxe a Marte sen regreso, pasaron a primeira criba, consistente nunha sinxela presentación na que expuñan seus motivos para apuntarse ó reto.

Os españois -casi 40, a falta de confirmación do número definitivo- forman parte dos 200.000 aspirantes de todo o mundo que pagaron as súas tasas (de 5 a 75 dólares segundo a riqueza do país de procedencia) para poder inscribirse no proxecto. Agora, so quedan 1.058 de 107 países. A maioría dos elixidos procede de EE.UU. (297), Canadá (75), India (62), Rusia (52), Australia (43), China (40) y Gran Bretaña (40). Hai 282 candidatos europeos.

De todos os participantes, e se Mars One cumpre o que prometido, só 25 persoas viaxarán ó espacio e formarán parte do primeiro asentamento que se construirá no Planeta Vermello. A compañía asegura que é posibel enviar seres humanos a Marte ca tecnoloxía existente hoxe en día, e que os seus plans poden ser levados a cabo. Comprometeuse a levantar unha colonia habitabel e sostible, diseñada para recibir novos astronautas cada dous anos. Evalúa o coste do primeiro vo ó redor de 6.000 millóns de dólares. Segundo explicou no seu día, financiará o groso do proxecto ca venda de dereitos de transmisión dun reality show que comezará a emitirse na etapa de seleción e podería convertirse no«maior evento mediático a escala global».

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Fonte: Apartado de ciencia do periódico ABC do 08/01/2014.

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta