Somos o que comemos, ou somos canto comemos?

Cantas veces dixeches ou oíches dicir a alguén “Non podo comer diso, que estou a dieta”? Seguro que máis dunha vez, pero, ten sentido?

Isto foi o que quixo discutir o profesor John Cisna, da universidade de Iowa, e pediulle ós seus alumnos que lle confeccionaran unha dieta de 2000 kcal diarias (necesidade media dun adulto, segundo a OMS) exclusivamente con produtos da cadea de comida rápida McDonald’s. Así, almorzaba dous mcmuffin de ovo, leite e cereais; xantaba unha ensalada; e ceaba un menú completo, ás veces cun xeado. Ademais, comezou a camiñar 45 minutos diarios.

Resultado: perdeu 17 kgs en 180 días e baixou o seu LDL (colesterol “malo”) de 249 a 170.

Progreso de Cisna.

A conclusión deste artigo é froito do propio Cisna: “Son as opcións que tomamos as que nos fan gordos, non o McDonalds”.

Información: diario ABC, 8/1/2014

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.