As erupcións volcánicas ocorren normalmente sen previo aviso, debido á rapidez con que se producen, e ocasionan efectos devastadores. É dicir, a probabilidade de determinalas é difícil.
Actualmente os medios que se utilizan para predicir unha erupción son:
- Coñecer o rexistro histórico do volcán.
- Detectar pequenos tremores e ruídos mediante sismógrafos.
- Medir mediante o clinómetro ou por medio de satélites os cambios producidos na forma do volcán.
- Medir o incremento da temperatura no subsolo, así como cambios eléctricos e magnéticos da zona.
- Anomalías da gravidade (gravímetros).
- Análise dos gases emitidos.
- Seguimento do volcán. Elaboración de mapas de risco e perigo.
Exemplo de dispositivo de baixo custo para predicir erupcións volcánicas: