As ratas detectan a tuberculose.

Na facultade de mediciña da Universidade Eduardo Mondlane, en Maputo (Mozambique) usan ratas africanas para detectar a tuberculose. A estas ratas colócaselles na súas xaulas pequenas mostras de mucosidade humana, e cando creen detectar positivo na aparición de tuberculose, dan voltas arredor da xaula e arañan o chan.

Estas ratas son entrenadas durante nove meses en Morogoro (Tanzania) onde APOPO, unha organización que usa as ratas para detectar minas, ten a súa sede. Alí ensínanlles a relacionar a olor da tuberculose cunha recompensa. Para isto, o equipo mestura mostras que den positivo na enfermidade con outras que den negativo; así, cando arañen a mostra positiva, reciben un premio.

Todas as mostras que detectan as ratas son comprobadas tres veces, e se en todas da positivo, son levadas ás clínicas.

Rata no laboratorio.

 

Fonte: National Geographic

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.