Por que algúns animais teñen os ollos de distinta cor?

Isto débese a unha anomalía denominada heterocromía, que consiste nun exceso ou falta de pigmentación dentro do iris ocular. A cor dos ollos débese principalmente á concentración e distribución da melanina dentro dos tecidos do iris. Tamén pode afectar á pel ou ó pelo, pero é máis común nos ollos. Esta condición pode ser causa dunha enfermidade, dunha lesión ou dalgún rasgo xenético herdado. A heterocromía pode ser completa (como mostra a imaxe), central ou parcial. É moi frecuente en gatos (sobre todo os que son de cor branca), cans, cabalos e, máis excepcionalmente, en humanos.

Fonte de información: revista Muy Interesante.

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC, Cousas interesantes. Garda o enlace permanente.