Chuvia de Oriónidas.

A chuvia de Oriónidas consiste nunha chuvia de meteoros procedentes da constelación Orión. Como sabemos, os meteoros son cascallos procedentes do pó dun cometa, neste caso trátase dun dos máis famosos de todos os tempos: o coñecidísimo cometa Halley. Este gran espectáculo astronómico aparece anualmente cando o planeta Terra atravesa unha área do espazo que está chea de restos antigos do cometa Halley.  Os cascallos deste, que visitou a Terra por última vez en 1986, axudan a producir ata 25 meteoros por hora. Este fenómeno ten lugar cada ano entre o 2 de outubro e o 7 de novembro, alcanzando a súa máxima intensidade durante a noite do 21 de outubro. Se algo ten de especial a chuvia de Oriónidas é que os seus meteoros pódense apreciar a simple vista dende calquer lugar, polo que con estar nun sitio afastado das luces da cidade será suficiente para observala. O espectáculo será aínda máis sensacional cando a entrada dos meteoros na atmosfera deixe estelas de tons verdes e laranxas a medida que pasan.

Fonte de informanción: periódico ABC.

 

 

 

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta