Un grupo de estudantes de Inxeñería Industrial da Universidade Miguel Hernández de Elche creou un software informático que permite a persoas con discapacidade motriz parcial ou total dibuxar coa súa propia voz.
O software, tamén chamado VOPA (Voice Paint), está formado por unha interface composta por un menú dinámico de comandos(onde a persoa pode escoller as cores cas que debuxar ou seleccionar unhas frechas para decidir a dirección do debuxo) e por unhas imaxes deseñadas previamente (personaxes ou figuras que facilitan a realización do debuxo).
O funcionamento do programa baséase en que o usuario diga a través dun micrófono o que quere debuxar, e o programa, unha vez detectada a voz da persoa empece a debuxar cun punteiro a partir das instruccións.
O seguinte paso que estes estudantes queren conseguir é que o funcionamento deste software chegue a outros dispositivos electrónicos, como móviles ou tablets.
Fonte: www.muyinteresante.es