A vasectomía como método anticonceptivo

De todos os procedementos anticonceptivos que se poden atopar para a prevención dun embarazo, tanto reversibles como irreversibles, a vasectomía é un método moi efectivo e permanente nos homes. É unha intervención utilizada dende hai moitos anos e que ten moi poucos efectos secundarios.

Un equipo de investigadores realizaron un estudo con 76 parellas, cunha idade media de 37 anos nas mulleres e 39 anos nos homes. Os cuestionarios que lles fixeron, baseáronse no índice internacional de función eréctil para os homes e no índice de función sexual, para as mulleres. O estudo foi publicado na revista The Journal of Sexual Medicine.
O análise dos resultados revelou que das 76 parellas, o 93% dos varóns volvería a facerse a vasectomía e que o 96% das súas parellas recomendarían a intervención de novo. Respecto ao dor postoperatorio, a media foi de 3,5 puntos nunha escala do 0 ao 10. E no ámbito da función sexual, as mulleres mostraron unha mellora significativa do desexo, a excitación, o orgasmo, a lubricación e do pracer sexual, evidenciando a positividade da vasectomía na vida sexual.

•Fontes: Wikipedia e Muy Interesante.

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC, Cousas interesantes. Garda o enlace permanente.