Gatos fluorescentes contra o VIF

Un grupo de investigadores da Clínica Mayo desenvolveron unha estratexia de inmunización para combater o virus da inmunodeficiencia felina (VIF), moi similar ao que causa o SIDA nas persoas. Para a investigación, publicada na revista Nature Methods, médicos, virólogos, veterinarios e demais expertos, traballaron con gatos transxénicos aos que incorporaron proteínas protectoras.

Usando unha técnica xenética coñecida como transxénesis lentiviral dirixida aos gametos, os investigadores inseriron un xene chamado TRIMCyp, que bloquea a infección do VIF, xunto co xene GFP da proteína verde fluorescente. Este último, fai que os gatos emitan fluorescencia verde baixo os raios ultravioleta, de maneira que os investigadores poden comprobar rapidamente si o xene de resistencia ao virus da inmunodeficiencia se transplantou con éxito.

Como resultado do experimento naceron varios gatiños con fluorescencia verde, todos eles sans, que ademais transmitiron os xenes que os protexen do sida aos seus descendentes.
Aínda que a técnica non se aplicará directamente aos enfermos de sida, axudará a crear novas terapias xénicas eficaces para combater esta enfermidade.

•Fontes: Muy Interesante e Wikipedia.

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC, Cousas interesantes. Garda o enlace permanente.