¿Sabías que o chocolate evita a perda de memoria?

Un equipo do Centro Médico da Universidade de Columbia detectou un novo beneficio do cacao, concretamente dunha substancia bioactiva que se atopa neste: os flavanoles, capaces de retrasar o deterioro cognitivo.

No estudo demostrouse que os olvidos aumentan a medida que imos cumprindo anos, e están relacionados ca parálisis dunha pequena zona do cerebro chamada xiro dentado.Os neurocientíficos colleron a 37 persoas sanas de entre 50 e 69 anos e, durante tres meses, suministráronlles a parte desas persoas unha dieta rica en flavanoles (900 mg diarios) e a outra parte, unha dieta de sólo 10 mg diarios.

A continuación analizaron as imaxes do fluxo sanguíneo dos seus cerebros e descubriron que os xiros dentados das personas que inxeriron máis flavanoles tiñan unha maior actividade metabólica; e despois de realizar un test de retentiva (capacidade de reter as cousas na memoria) tamén tiveron maior puntuación no test.


Un dos autores da investigación afirmou que unha persoa de arredor de sensenta anos que realizara o estudo, despois dos tres meses, tería unha actividade mental como a de unha persoa de trinta ou cuarenta anos.

 

Fonte: La Nación

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta