Nova solución a alerxia aos gatos?

 

Cerca do 30% das persoas alérxicas sofren de alerxia as súas mascotas. A caspa de cans e gatos é un foco importante de alérxenos que provoca unha resposta inflamatoria ata agora enigmática. Un estudio realizado pola Universidade de Cambridge, no Reino Unido, revela que unha toxina ambiental empeora a resposta inmune a proteína presente no pelo do gato.

As respostas alérxicas son o resultado da desmedida reacción do sistema inmunolóxico ante a percepción do dano. En lugar de identificar e responder aos virus dañinos específicos, o sistema toma todo alérxeno por perigoso para o organismo e desencadea unha resposta inmune. Para estudar esta reacción, os científicos expuxeron células humanas ao pelo de cans e gatos, en presenza de altos y baixos niveis de lipopolisacáridos.

Os investigadores concluíron que, a proteína Fel d 1, en presenza de baixas doses de lipopolisacáridos, activa un tipo de proteína do sistema inmunolóxico chamada TLR4 que a súa vez estimula a resposta inflamatoria. Isto quere dicir que os investigadores comprobaron que, ao inhibir a resposta do receptor, bloqueaban os efectos da proteína do pelo do gato e non se manifestaba a alerxia.

Os científicos cren que os resultados poden ser aplicados ao caso canino e que servirán para avanzar a creación de medicamentos contra este tipo de alerxias.

•Fontes: Muy Interesante, Wikipedia, Otorrinos2do e Arthritis Foundation.

 

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta