A auga que bebes é máis antiga que o sol

Unha investigación realizada pola universidade de Michigan revela que a auga que existe no noso planeta pode ser máis antiga ca o Sol, e que existía antes de que o noso Sistema Solar comezase a súa formación fai 4.600 millóns de anos.

Orixinalmente o Sol estaba rodeado dun disco protoplanetario chamado nebulosa solar. A ciencia tratou de descubrir se o xeo dese disco procede da nebulosa molecular que rodeaba ao Sol, o si foi creada antes de que una nube fría de gas formara o chamado astro rei.

Para averígualo, os investigadores recrearon no laboratorio e mediante moles informáticos as condicións químicas das moléculas de auga formadas no Sitema Solar fai 4.600 millóns de anos. Ao facelo, chegaron á conclusión de que una parte notable da auga do Sistema Solar non puido formarse despois do Sol.

Isto pode significar que a auga tal vez sexa un ingrediente común durante a formación de todos os sistemas planetarios.

 

Fonte

 

 

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta