É bo equivocarse?

Un equipo de investigadores da Fundación Baycrest de Toronto (Canadá) realizou un estudio sobre a conexión entre a aprendizaxe, a memoria e o coñecemento, e concluíu que cometer errores no proceso de aprendizaxe pode beneficiar a memoria pero só se as nosas réplicas se aproximan a resposta correcta e non son respostas aleatorias.

Para chegar a esta conclusión contaron coa participación de 65 adultos sanos cunha idade media de 22 anos e con 64 adultos maiores sans cunha media de idade de 72. Os participantes aprenderon palabras baseadas na categoría semántica a que pertencían certos obxetos (rosa, flor), añadindolles a resposta correcta de inmediato. Ademáis, tamén tiveron que relacionar esas palabras coa similitude léxica de outras (por exemplo: pera, pares). Na proba de memoria os investigadores mostraban imaxes dos objetos previamente aprendidos e os participantes tiñan que resolver de qué se trataba. Descubriron que si a aprendizaxe estaba basada en categorías de palabras, recuperaban con máis facilidade a resposta que si se trataba de similitudes léxicas.

A aprendizaxe por ensaio e error parece ser a clave para reforzar os coñecementos en curso, pero tamén poden danar a memoria se estas respostas non están relacionadas no máis mínimo. O articulo publicouse na revista Journal of Experimental Psychology.

-Fontes: Wikipedia, Muy Interesante.

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta