Somos máis torpes e débiles ca os nosos antepasados?P

Tendemos a pensar que a humanidade vai sempre cara o seu máximo desenvolvemento, pero poderíamos estar nun erro. Un recente estudo da Universidade de Cambridge parece apuntar a que os atletas máis desenvolvidos da actualidade apenas poden compararse co home medio de hai un 6150 anos.

 

A este estudio súmase un anterior da mesma universidade no que se ve como os corpos humanos actuais son, aproximadamente, un 10% máis pequenos ca os dos nosos antepasados cazadores-recolectores.

Todo este proceso, de ser certo, podería explicarse pola xenética Neodarwinista. Segundo esta teoría, ao reducir a taxa de mortalidade nos humanos, eliminamos o proceso de selección natural, que funcionaría de mecanismo de criba ao permitir a eliminación das características desfavorables para a supervivencia da especie. Isto causa que os humanos de hoxe en día teñamos un fenotipo cada vez máis feble, salvo contadas excepcións (atletas de elite).

En conclusión: aínda que é unha afirmación bastante atrevida e arriscada, convén tela en conta e lembrarnos de que o ser humano, a pesar de ser unha especie civilizada, segue a ter unha parte natural que non debemos descoidar. É por isto que, aínda que este proceso poida seguir, a práctica de actividade física regular podería axudar a minguar os efectos deste fenómeno, reducindo a aparición de mutacións xenéticas con características máis febles.

Publicado orixinalmente en http://tonyfdez.blogspot.com.es/2014/04/prueban-humanidad-mas-torpe-debil.html

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.