Como procesa o medo o cerebro?

 

Un novidoso estudo mostra a reacción emocional que o medo provoca nas persoas, xa sexa positiva ou negativa. Trátase da primeira vez que un traballo de investigación identifica un marcador electrofisiolóxico do medo no cerebro, é dicir, o xeito no que o noso cerebro procesa esta emoción.

O experimento, levado a cabo por científicos do Centro de Saúde Mental da Universidade de Texas Dallas (EEUU), mostráronlles a 26 persoas 224 imaxes ao azar, entre as que se encontraban imaxes reais ( imaxes de perigo e de situacións agradables) e imaxes irreais. Utilizando a electroencefalografía no transcurso do experimento, pediuse aos participantes que apertasen un botón con diferentes dedos en función de se a imaxe que observaban era real ou irreal.

Os resultados do electroencefalograma revelaron que as imaxes ameazantes provocaban un aumento da actividade de ondas theta do lóbulo occipital, seguido dun aumento posterior de actividade theta no lóbulo frontal. Tamén se identificou un aumento nas ondas beta relacionadas co comportamento motor.

Demostrouse así que o cerebro lle dá prioridade a información ameazante sobre o resto de procesos cerebrais.

 

Fonte: www.muyinteresante.es

 

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta