Ata a actualidade os transplantes de corazóns realizábanse con órganos latentes extraídos de pacientes que sufrian morte cerebral. Pero agora un equipo de médicos do Hospital St Vicent´s de Sidney, dirixido polo doctor Victor Chang, deu un paso xigante que promete revolucionar esa prática quirúrxica: transplantar corazóns que deixaran de latir antes de ser doados.
A técnica que fixo posible este “milagre médico” implica a eliminación de un corazón morto e reanimarlo nunha máquina chamada heart-in-a-box, que ademais de mantelo nunha temperatura adecuada restablece a súa capacidade de later.
De momento o equipo do doctor Chang ten transplantados tres corazóns mortos para o maior número de pacientes. Dous deles foron recuperados en condición satisfactorias, e o terceiro segue en observación. Os médicos están moi satisfeitos co resultado e afirman que esa nova técnica vai axudar a superar a escaseza de doadores de órganos para transplante.
Fonte: Revista Quo