Hai esperanza para o lince ibérico?

O lince ibérico, tamén coñecido polo seu nome latino Lynx pardinus, é unha especie de mamífero carnívoro da familia Felidae, endémico da península ibérica.

Actualmente só existen dúas poboacións en Andalucía illadas entre si cun total de algo máis de 300 individuos en aumento, e outra nos Montes de Toledo duns quince individuos que resultan escasamente viables, o que o convirte nun dos felinos máis ameazados do mundo.

O último caso dun exemplar morto é o de Kenitra, un lince criado en catividade liberado o 3 de Xulio deste ano dentro da reintrodución de oito individuos na Serra Morena oriental, territorio histórico da especie ata a súa desaparición fai máis de tres décadas. Kenitra recibiu esta semana o disparo fatal dun cazador, que o levou a morte.

Este non é un caso de morte puntual, senón que desde os anos noventa a poboación do lince ibérico mantivo un declive constante: Hoxe en día estímase que existen uns 300 exemplares deste felino, e que a súa razón de morte máis común son os atropelamentos por automóbiles, que se sitúa nun 40%. Outras razón son as pelexas, a caza ilegal e as enfermidades.

Pese a todo iso, o número de linces aumentou un 17, 3% o que nos anima a loitar firmes para correxir as deficiencias na conservación e no futuro do animal. Grupos ecoloxistas defenden e reclaman que non se están tomando tantas medidas como se debería, xa que a migración repentina que obriga aos linces a investigar novos terreos está propiciada por dous factores: O ”Boom” de nacementos destes felinos, que lles obriga a expandir o territorio, e a busca de alimento, especialmente de coellos  que lles obriga a percorrer longas distancias xa que a poboación destes roedores descendeu nos últimos anos. Estas dúas razóns son as causas que forzan aos linces a achegarse as carreteras, que para moitos deles representan o final do camiño.

Hoxe en día as miras están postas na cría en cautividade, e na posibilidade de que moitos linces nos próximos anos comencen a trasladarse cara o Norte e a espallarse pola península, repoboándoa.

○Fontes: La Voz de Galicia, El Mundo, Wikipedia, Muy Interesante, Quo.

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC, Cousas interesantes. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta