Pódese converter unha célula cutánea en neurona?

Un equipo de científicos da Escola de Medicina da Universidade de Washington en St. Louis (EEUU) logrou converter as células da pel humana nun tipo específico de célula do cerebro sen necesidade de usar células nai no proceso. O traballo foi publicado na revista Neuron.
Os científicos usaron ratos de laboratorio para os que produciron un tipo de células cerebrais chamadas ”neuronas espiñosas medianas”, claves no control do movemento do corpo.
Os investigadores utilizaron células humanas adultas da pel para re-programar as células afectadas pola Enfermidade de Huntington, procurando nelas un entorno que imitaba o ambiente das células cerebrais.

Ese material xenético introducido, posibilitou a expresión dos xenes que regulan a función das neuronas, transformando as células cutáneas en células naturais do cerebro que sobreviviron, ao menos, seis meses implantadas nos ratos.
Os científicos están convencidos de que a posibilidade de converter células humanas adultas podería facilitar o uso das propias células cutáneas dun paciente para loitar contra trastornos como a mencionada enfermidade de Huntington.

•Fontes: Muy Interesante, National Geographic, Wikipedia e MedlinePlus.

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC, Cousas interesantes. Garda o enlace permanente.