Por qué as mulleres temos máis olfato?

Un novo estudo demostrou que a razón de que as mulleres perciban mellor os olores que os homes está relacionado coas neuronas: os investigadores usaron un novo método chamado fraccionador isotrópico, que serve para medir o número exacto de células nerviosas que aparecen no bulbo olfatorio (rexión cerebral asociada á capacidade olfativa).

No estudo analizaron os cerebros de 18 cadáveres (7 homes e 11 mulleres) que morreran aos 55 anos de idade sen danos neurolóxicos, e comprobaron que as mulleres tiñan un 50% máis de neuronas no bulbo olfatorio.

En definitiva, supuxeron que as mulleres xa nacen con unha maior capacidade olfativa, posto que o número de células cerebrales a penas varía ao longo da vida dunha persoa.

 

Fonte de información: Revista Muy Interesante

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.