Por qué nos resfriamos no inverno?

Sempre pensamos que para evitar coller un resfriado nos debemos abrigar ben e evitar os espazos abertos. Pois ben, esto non é de todo certo, xa que os científicos afirman que permanecer en espazos pechados con falta de ventilación é peor.

A razón pola que collamos resfriados principalmente no inverno é que as baixas temperaturas e a baixa humedade relativa axuda aos virus a permanecer maior tempo fóra do organismo dunha persoa. Así, cando unha persoa estornude ou tosa, os virus que se atopan nas súas mucosidades, teñen tempo suficiente de alcanzar as vías respiratoria ou os ollos doutra persoa, producíndose o contaxio.

No referente a encerrarnos na casa cando fai frío…non é das mellores opcións, xa que nos lugares pechados, cálidos e poucos ventilados facilítase a propagación de enfermidades respiratorias. Na presenza de persoas enfermas, a mellor opción e permanecer en lugares ventilados ou ao aire libre.

Fonte: Revista Quo

 

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.