Unha mancha solar 11 veces mais grande ca Terra apunta cara nos

Unha mancha solar de dimensións colosais, 11 veces máis grande que a Terra, ‘apunta’ en dirección á Terra. Se nestes días se desprendese algunha lumarada solar podería supor un risco para o noso planeta.
A imaxe da rexión, coñecida como AR2192 e situada no hemisferio sur do Sol, foi captada polo fotógrafo Alan Friedman. Na foto tamén se aprecian outras manchas solares máis pequenas, como a 2186 (na extremidade superior), a 2187 (centro superior) e a 2193 (no centro).

O portal Spaceweather.com informa que AR2192 creceu considerablemente nos últimos días e ten potencial para desencadear lumaradas das máis altas intensidades -de tipo X e M- podéndoo facer en dirección á Terra. 

Fonte: A Voz de Galicia
Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.