Veleno de avespa contra o cancro de mama

Os científicos do Instituto de Investigación Biomédica de Barcelona diseñaron unha terapia baseada nun péptido (unión de aminoácidos) procedente de veleno de avespas para o seu uso contra o cancro de mama. A substaciancia adéntrase nas células tumorais e provoca a súa morte, pero as células sans permanecen a salvo.

Según Miguel Moreno, autor principal da investigación: “Este péptido ten a capacidade de formar poros na membrana plasmática celular, penetrar dentro da célula e provocar a súa morte, sexa por necrosis ou desencadeando apoptosis, unha destrución celular programada”. Sen embargo, esta potente “arma natural” non se podería utilizar debido á súa alta toxicidade e inespecificidade celular; é dicir, que non só danaría as células tumorais senon que tamén afectaría ás sans.

Por iso, os investigadores diseñaron un sistema para transportar o péptido ao tumor e facer que se acumule de maneira específica e controlada. Este consiste nun polímero portador  con dous compoñentes: un péptido que se une a un receptor das células tumorais, e o péptido citotóxico do veleno de avespa.

Os experimentos in vitro mostran que a substancia se distribúe de forma adecuada dentro das células tumorais e provoca a súa morte, mentres que as células sans permanecen a salvo. O seguinte paso é comprobar a súa eficacia en ensaios in vivo en ratóns.

Fonte de información: www.mundo-geo.es

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta