Venus: A gata “Quimera”

Venus: Así é como se chama a gata de dúas caras que se converteu no felino máis famoso do planeta.

Leslie Lyons, profesor da Universidade de California, que estuda a xenética dos gatos domésticos dixo que nunca vira a un gato exactamente igual que Venus. Algúns cualifican a Venus de “Quimera”, que segundo a mitoloxía era un híbrido formado por partes de diferentes animais. No mundo da investigación, este nome dáselles aos gatos que conteñen dous tipos de ADN, causado por dous embrións fusionados.

Entre os gatos, as “quimeras” non son algo realmente raro, de feito, moitos dos gatos carey teñen estas características. O distintivo moteado laranxa con partes negras é un símbolo dun cromosoma X extra. Pero as gatas, segundo Lyons, xa teñen dous cromosomas X, para que poidan lucir o color negro sen ter un X extra. Isto significa que Venus non ten porque ser necesariamente unha quimera. Para poder sabelo requiriría probas xenéticas.

No caso de que Venus non poidese ser unha quimera, ¿Que podería explicar a súa extraordinaria cara? Unha teoría consistiría en que tal vez a cor negra se activou ao azar en todas las células dun lado da súa cara, mentres que a cor laranxa se activou polo outro, e os dous parches fóronse a unir na liña media do seu corpo.

Como conclusión ante todo isto, podemos pensar que Venus segue sendo un misterio absoluto para a ciencia.

-Fontes: National Geographic, Wikipedia, Viralistas, Antena3, EuropaPress.

 

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta