A Enfermidade Celíaca

 

A enfermidade celíaca é unha enfermidade que se da pola intolerancia a unha serie de cereais, entre eles o trigo, centeo, cebada e moitos máis. Esta enfermidade está caracterizada por unha reacción inflamatoria da mucosa do intestino delgado que dificulta a absorción de nutrientes.

Os síntomás mais frecuentes son: perda de peso, perda de apetito, fatiga, náuseas,vómitos, diarrea, distensión abdominal,perda de masa muscular,atraso do crecemento, alteracións do caracter,dores abdominais, meteorismo, anemia, entre moitos outros.

Para diagnostigar esta enfermidade seguense unha serie de medidas, comezando por un exame clínico coidadoso e unha analítica de sangue. Para diagnosticar con certeza de que posee a enfermidade celíaca debere realizar unha biopsia intestinal, esta consiste en estraer un anaco do texido do intestino delgado para ver se está dañado.

O tratamento para esta enfermidade é unicamente manter unha dieta sen gluten durante toda a vida,todos os alimentos estan controlados por unha asociación, en España FACE . A inxestión de pequenas cantidades de gluten, de unha maneira continuada, pode causar trastornos importantes e non deseados. Se no se segue a dieta pode dar lugar a unha serie de complicacións.

 

Fonte de Información: www.celiacos.org

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.