Qué causas físicas fomentan os orgasmos?

Un estudo recente levado a cabo por investigadores do Instituto Kinsey para a Investigación do Sexo, Xénero e Reprodución da Universidade de Indiana (EEUU) determinou que a cantidade de orgasmos depende tanto do xénero coma da orientación sexual e que, ante todo, as mulleres solteiras son as que teñen menos probabilidades de experimentar un.

Para a súa investigación, os científicos realizaron unha enquisa online a 6.151 homes e mulleres de 21 anos de idade. Na enquisa, os participantes tiñan que responder respecto a cal era o seu sexo, a súa orientación sexual e canto tempo pasara dende que tiveran un orgasmo con algunha parella. Finalmente incluíronse os datos de 1.497 homes e 1.353 mulleres que mantiveron relacións sexuais nos últimos 12 meses.

A análise dos resultados revelou que cando se trataba dunha parella estable, os homes experimentaban un orgasmo no 85% das ocasións, mentres que as mulleres só o tiñan o 63% das veces.

Outra das conclusións do estudo é que as mulleres lesbianas teñen moitas máis probabilidades de ter un orgasmo durante as relación sexuais que as mulleres heterosexuais ou as bisexuais, xa que a súa porcentaxe ascendía ao 75%. As mulleres bisexuais conseguían chegar ao orgasmo só 58% das veces. O feito de que as mulleres lesbianas ostenten a maior porcentaxe débese a que, na súa maioría, están máis familiarizadas co corpo da muller.

-Fontes: Muy Interesante, Wikipedia.

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC, Cousas interesantes. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta