Rascarse aumenta a sensación de pico

 

Por que cando nos pica algo e nos rascamos,máis nos pica e máis ganas temos de rascarnos? Un equipo de investigadores da Escola Universitaria De Medicina de San Luis (EEUU) realizou un estudo que da resposta a esta incógnita. A clave está na serotonina, que se segrega cando nos rascamos a pel.

Esta sustancia, un neurotransmisor que axuda a transmitir mensaxes unha e outra vez entre os nervios do corpo.

Os científicos bloquearon a producción de serotonina (obstruíndo o receptor 5HT1A) dun grupo de ratos de laboratorio a os que se lles había inxectado previamente unnha substancia que provoca picores. Outro grupo de ratos foi asignado como grupo de control e non se lles bloqueou a producción de serotonina. Tras comparar as reaccións dos roedores descubriron que os que non producían serotonina rascábanse moito menos.

Este descubrimento axudará a encontrar unha cura para as persoas que experimentan picor crónico, así como para romper o “círculo vicioso” que se produce cando nos pica algo e nos rascamos.

Fonte.

 

 

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta