¿Por qué non son compatibles todos os grupos sanguíneos?

Todos coñecemos os 4 grupos sanguíneos por excelencia: A,B, AB y O, e que non todos son compatibles entre si, pero ¿por que? A clave de todo téñena os antíxenos.

Estas son unhas proteínas que se encontran na superficie dos glóbulos vermellos. No plasma sanguíneo temos os anticorpos que reaccionan en función dos primeiros. Os antíxenos máis comúns son A e B, e os anticorpos Anti-A e Anti-B. Como é lóxico, un antíxeno A non será compatible cun plasma que conteña o Anti-A, e se realizamos esta mestura, o sistema inmune activarase e os anticorpos combaterán ao antíxeno identificado como agresor. Co grupo B sucede exactamente o mesmo.

As persoas do grupo sanguíneo AB teñen os dous antíxenos rodeando aos seus glóbulos vermellos, pero ningún anticorpo no seu plasma, polo que non se produce ningunha resposta inmune.  E por último o grupo 0, ¿que ten de especial? Este plasma ten os dous anticorpos, pero carece de antíxenos, polo que pode doar a calquera grupo.

Este descubrimento de Landsteiner denomínase sistema ABO, pero el seguiu investigando ata identificar outro factor: O factor D ou ‘‘Factor Rhesus”. Este sistema distingue entre as persoas que teñen o antíxeno D no seu sangue, (Rh positivas) e as que non (Rh negativas). Con isto distinguimos en total os grupos A+, A-, B+, B-, AB+, AB-, 0+ Y 0-.

O 0- é o coñecido como doante universal, xa que sirve para o sangue de tipo A ou B e, ademais, como é Rh negativo, serve tanto para os que son Rh positivas e negativas. Sen embargo, a persoa que é 0- só poderá recibir transfusións do seu mesmo tipo. E o seu antagonista é o AB+, que pode recibir calquera tipo de sangre, pero só pode doar plasma aos do seu mesmo grupo.

•FONTES: Kids Health, Muy Interesante, Wikipedia.

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC, Cousas interesantes. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta