Como afectan as lentes de contacto aos nosos ollos?

O CDC (Centro de Control e Prevención de Enfermidades) advertiu no seu último informe que o uso non adecuado das lentes de contacto ou lentillas pode chegar a producir cegueira.

A queratite é unha inflamación que afecta á córnea e que produce unha intensa dor ocular. Adoitan aparecer úlceras que poden provocar unha diminución parcial ou total da visión. O informe do CDC explica que o mal uso das lentes de contacto favorece a aparición de queratite.

As causas máis frecuentes de aparición da queratite son: a falta de hixiene destas, o uso excesivo das lentes de contacto pasado o tempo predefinido de uso ou durmir con estas pola noite. Todas estas situacións conforman factores de risco, polo que o CDC recomenda seguir bos hábitos tanto de hixiene coma de uso para evitar complicacións cos nosos ollos.

Fonte: Muy Interesante

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta