Descobren un cerebro humano sen pregues

Mentres fotografiaba un estante de cerebros humanos almacenados nun armario da Universidade de Texas, Adam Voorhes atopouse cun cerebro humano verdadeiramente sorprendente, sen pregos nin dobreces. David Dexter, director científico do Banco de Cerebros Parkinson’s UK, dixo que xamais viran un cerebro adulto como este: “temos visto cerebros aos que lle faltan partes ou onde hai rexións sin drobeces, pero nunca completamente liso”. Esta peculiaridade débese a unha estrana enfermidade coñecida como lisencefalia, causada por unha migración anormal neuronal durante o desarollo do embrión. As persoas con este padecemento experimentan dificultade ao tragar, espasmos, ataques e dificultades para a aprendizaxe. Moitas delas morren antes dos dez anos.

Todos os cerebros desta colección pertencen a pacientes do Hospital Mental Estatal de Austin (Texas) e foron conservados en frascos de formol.  A pesar de que todos eles son considerados “raros” ou “anormales”, este exemplar, que carece completamente de dobreces, é considerado único. Por máis de vinte anos, os cerebros foron olvidados na escuridade dese almacén.

Voorhes buscou nos rexitros médicos para atopar ao seu dono, pero parce ser que os datos foron extraviados e aínda non se sabe a quen pertence.

Fonte de información: www.beta.quo.mx

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.