Lígase o alcoholismo a xenética?

Un equipo de científicos da Universidade de California en San Francisco (EEUU) levaron a cabo unha investigación para descubrir que mecanismos cerebrais xogan un papel importante en trastornos relacionados co alcohol. Para iso, realizaron un experimento con ratos, examinando unha proteína coñecida como Factor Neurotrófico derivado do cerebro (BDNF). Os investigadores observaron que cando os ratos consumían grandes cantidades de alcohol durante moito tempo, os niveis de BDNF na corteza prefrontal medial, a rexión do cerebro involucrada na toma de decisións, diminuían considerablemente e os niveis do microARN aumentaban.

Isto demostrou que o aumento deste microARN levaba aos ratos a consumir máis alcohol do normal. Sin embargo, cando utilizaron un inhibidor deste microARN, o nivel de BDNF volveu a normalidade e o consumo de alcohol reduciuse. Os resultados do estudio publicáronse na revista Molecular Psychiatry.

•Fontes: Muy Interesante e Wikipedia.

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC, Cousas interesantes. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta