Os cans poden saber como nos sentimos?

Según un estudo da Academia de Ciencias de Hungría publicado na revista Current Biology, os cans poden obter información social das voces humanas. Para iso, os investigadores contaron con 22 voluntarios humanos e adestraron a 11 cans para que se mantiveran inmóbiles na máquina de escáner de resonancia magnética funcional cerebral con obxecto de establecer que áreas do cerebro se activan ante estímulos sonoros tanto en cans como en humanos.

Ao largo do experimento, os investigadores reproduciron 200 sons pertencentes a voces humanas, caninas e ruídos naturais para identificar que áreas do cerebro se estimulaban nas diferentes situacións. Os resultados do estudo de neuroimaxe evidencian que os cerebros dos cans teñen tamén áreas de voz e procesan as voces da mesma forma que o fai o cerebro humano. Isto explicaría como os caninos poden estar tan en sintonía cos sentimentos dos seus propietarios xa que demostra que, existen áreas cerebrais responsables de captar o son e a voz similares entre as dúas especies. De aí que o éxito do vínculo tan estreito que da entre un can e o seu dono veña determinado porque os caninos son capaces de captar as nosas emocións.

-Fontes: Muy Interesante e Wikipedia.

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC, Cousas interesantes. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta