Recarga o teu móbil con azucre

Un equipo de electroquímicos da Virginia Tech College de Blacksburg (Estados Unidos), investiga un prototipo de batería de azucre como substituto da actual carga de baterías que contamina tanto o medio.

Os hidratos de carbono son excelentes compostos químicos para almacenar enerxía. Na natureza está o exemplo: os seres humanos, animais e plantas descompoñen moléculas de azucre no organismo para manter o funcionamento do metabolismo.

De momento, o prototipo de batería de azucre non está desenvolvido de todo. O equipo traballa con maltodextrina como composto de glicosa. Cando a batería de azucre estea madura para ser comercializada será unha alternativa ecolóxica ás baterías correntes.

Fonte: mundo-geo

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.