2014, o ano máis caluroso

O 2014 foi o ano máis cálido dende que comezaron os rexistros históricos no 1880, segundo as análises independentes da NASA e da Administración Nacional Oceánica e Atmosférica dos EE UU publicados este venres. A temperatura media da superficie do planeta foi 0,69 graos superior á media do século XX, catro centésimas de grao máis que os anteriores récords observados nos anos 2005 e 2010.

No hemisferio norte, a cobertura de neve foi de casi 65 millóns de kilómetros cadrados, aproximadamente a metade do habitual no rexistro histórico.

Na Antártida, pola contra, a extensión de xeo mariño superou o récord por segundo ano consecutivo, preto dos 34 millóns de kilómetros cadrados. Dende hai anos, os científicos intentan comprender por qué a Antártida se comporta de maneira diferente ás tendencias globais, mais insisten en que a rápida perda de xeo mariño no Ártico triplica a magnitude do que gaña a Antártida.

Fonte: www.elpaís.es

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, Sen categorizar. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta