As persoas extrovertidas enferman menos.

Segundo a OMS, a saúde é un estado de completo benestar físico, mental e social.Pois as universidades de Nottingham (Reino Unido) e de California (Los Angeles) realizaron un estudo no cal demostraban a veracidade do benestar social en relación coa saúde.

Para levar a cabo o estudo, escolleron a 121 adultos e analizaron os 5 rasgos xerais da súa personalidade (apertura, responsabilidade, amabilidade, inestabilidade emocional e extroversión), ademais de tomar mostras de sangue para realizar unha análise de expresión xenética. Tamén realizaron un cuestionario no cal describían a súa personalidade e o seu hábito de vida.

Os científicos descubriron unha relación entre a tendencia ás emocións negativas (como a tristeza ou a ansiedade) e unha mala saúde. Pola contra, as persoas máis extrovertidas eran relacionadas cun mellor funcionamento do sistema inmunolóxico, o que levaba a unha mellor saúde. En conclusión, as persoas extrovertidas gozan dun sistema inmunolóxico máis eficaz que o das persoas con calquer outro rasgo de personalidade.

As resolucións do estudo foron publicadas na revista Psychoneuroendocrinology.

Fontes de información: salud.univision.com

 

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.