Segundo os últimos estudos arqueolóxicos, a resposta é sí. Dende comezos do Neolítico ata a colonización fenicia, os humanos que ocuparon a Cova do Mirador en Atapuerca (Burgos) incluían na súa dieta a cans domésticos, gatos salvaxes, raposos e teixugos, segundo informa o Institut Català de Paleoecologia Humana i Evolució Social nun comunicado. O consumo destas especies por parte de humanos púidose constatar a través de 24 restos fósiles atopados na Cova do Mirador, que foi utilizada como curral en tempos prehistóricos, fundamentalmente para o ganado bovino e ovipariño.
Naquel tempo os rabaño debíanse compoñer principalmente por ovellas e cabras e, en menor proporción, por porcos, vacas e cabalos. En cambio, e a pesar de que o consumo de especies como o can e o gato non era frecuente na Europa continental, os restos atopados mostraban signos evidentes de haber sido cociñados, xa que os ósos estaban fracturados, e todos posuían marcas de dentadas. Estes animais pode que fosen capturados de forma accidental, pero os arqueólogos non descartan a posibilidade de que os consumisen en épocas de escaseza nos seus alimentos base.
•Fontes: Gciencia, El Mundo, National Geographic.