Recordas o que soñas?

Hai persoas que teñen unha gran facilidade para recordar o soños que tiveron na noite anterior. Outras, sen embargo, manifestan non recordar prácticamente nada. ¿Por que se produce esta diferenza?
Aínda que a razón pola que soñamos segue sendo un misterio para a ciencia, non o é o feito de que existan estes dous tipos de soñadores. Un equipo liderado por Perrine Ruby do Centro de Investigación de Neurociencia de Lyon (Francia), realizou un estudo, publicado na revista Neuropsychopharmacology, sobre a actividade cerebral de ambos.
Os resultados revelan que a unión temporoparietal é moito máis activa nas persoas que recordan os soños. Gracias a este aumento da actividade cerebral, prodúcese unha especie de vixilia dentro da ensoñación. O individuo queda nunha situación de predisposición aos estímulos auditivos do soño, que poden provocar pequenos despertares durante a noite e favorecer así a codificación desas fantasías na memoria.

•Fontes: Muy Interesante, Wikipedia.

 

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta