O cerebro dos músicos é diferente aos demais.P

Resulta impresionante como algunhas persoas son capaces de plasmar toda unha amplia gama de sentimentos nunha canción, e máis admirable aínda aquelas que teñen o don de transmitir a mesma variedade de sentimentos en cancións e melodías sen ningún tipo de palabras, simplemente con sons. É evidente que os músicos non ven o mundo da misma maneira que o resto da xente, e que ata o seu cerebro é diferente ao das persoas non músicas. Pero, por que?

Un estudo dos científicos Fred Travis e Yvonne Lagrosen demostra que a música modifica o cerebro e as células deste, ademáis de descubrir que os músicos utilizan prácticamente a totalidade de áreas do seu cerebro en relación co entorno. O estudo demostrou que os músicos e as persoas sen experencia neste campo procesan a música dunha forma moi distinta no seu cerebro. Mediante unha exploración dos cerebros de dous voluntarios comparáronse as reaccións que  producía escoitar a «Sinfonía do Novo Mundo», e viron que na persoa sen experiencia musical se activaba a zona neural coa percepción auditiva, mentres que no caso da persoa con experencia musical encendíanse rexións relacionadas coas emocións, a melodía e o canto. Neste último caso, a persoa non estaba simplemente escoitando a peza, senón que tamén a cantaba interiormente á vez que a reproducía mentalmente cos dedos.

En conclusión, as persoas non-músicas, ao escoitar unha canción, só reaccionan co hemisferio dereito, en cambio nos músicos actívase tamén o hemisferio esquerdo, máis analítico, o cal permite unha percepción máis ampla e rica. O seguinte vídeo explica máis detalladamente o tema.


Fontes de información: www.quetescuchen.com e loquenosabiassobrelamusica.blogspot.com

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta