¿Durmir co móbil aceso? Non, grazas.

Segundo un estudo publicado na revista Proceedings of the National Academy of Sciences (PNAS) o problema procede da pantalla dos dispositivos (sexa móbil, ebook, portátil ou tablet). A luminescencia das pantallas reduce a melatonina e ademais prolonga o tempo que tardamos en durmirnos. Isto conduce a que atrasemos a hora de durmir e que suframos de insomnio ou de deficiencias no descanso por esta interrupción silenciosa dos ritmos circadianos do organismo.

Por si isto fose pouco, o feito de que segundos antes de dispoñernos a durmir votemos unha ollada ao dispositivo, hiperexcita o noso cerebro, o que é o efecto contrario do que precisamos antes de durmir. Para que o noso cerebro descanse e durmamos o mellor posible, deberíamos apagar os nosos móbiles e nunca encendelos mentres durmimos posto que calquera vibración, son ou destello pode despertarnos e interromper os nosos ciclos de sono.

•Fontes: Muy Interesante.

 

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.