¿Existen máis cores das que somos capaces de ver?

A maioría das persoas só somos capaces de distinguir 3 cores primarias (vermello, verde e azul), e a partir deles formar outros secundarios coma o amarelo ou o branco. Pois ben, existe unha minoría de persoas que son capaces de distinguir 4 cores primarias e, polo tanto, moita máis variabilidade de cores. Esta anomalía denomínase tetracromatismo.

O tetracromatismo consiste en que a retina do ollo posee catro tipos diferentes de células cono (as responsables de que percibamos as cores) mentres que a retina dun ollo común só posee 3. Isto permítelle ás persoas tetracrómatas distinguir distintas coloracións que para o ollo humano son cores idénticas.

Mentres que un ser humano común é capaz de distinguir un millón de cores, unha persoa tetracrómata é capaz de distinguir hasta cen millóns de cores diferentes.

Esta capacidade acostuma atoparse máis nos animais ca nos humanos, de feito, escasas persoas poseen este “don”. Unha delas é a artista Concetta Antico que durante un tempo pensando que todas as persoas vían as mesmas tonalidades de cores que ela, acabou por percatarse de que só ela podía distinguir tal variedade.

Nesta imaxe podemos distinguir cómo Concetta visualiza unha árbore en comparación de cómo a visualizariamos nós.

 

Fontes de información: es.wikipedia.org / www.bbc.com

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta