As cabichas, un problema medioambiental

O tabaco é un dos principais responsables da deforestación mundial. As plantacións de tabaco sustitúen nos países en desenvolvemento os cultivos alimenticios  para as súas poboacións. A OMS estima que para a elaboración de 300 cigarros córtase unha árbore adulta.

A Asociación Española Contra o Cáncer (AECC) afirma que cada ano se tiran 4,5 billóns de cabichas, e segundo o Ministerio de Saúde de Arxentina, a maior causa de lixo no mundo.

Os filtros das cabichas están feitos de acetato de celulosa, un material non biodegradable cuxo efecto contaminante pode permancer no entorno 25 anos ata que se descompón. O estudo sinala que as cabichas representan un tercio dos residuos recollidos nas praias de EEUU.  Ademais o filtro, a cabicha pode conservar as substancias tóxicas que compoñen o cigarrillo. A nicotina e o alquitrán dun só cigarro poden contaminar ata 50 litros de auga.

Fonte: http://www.consumer.es/web/es/medio_ambiente/urbano/2011/02/07/198755.php

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta