Como rematará o universo? (Teoría do Big Crunch)

Unha das preguntas máis formuladas pola ciencia é a orixe das cousas (do Universo, do Sol, da Terra, da vida…), pero tamén resulta interesante a investigación acerca da súa posible fin.

Isto é o que trata de facer a Teoría do Big Crunch (directamente relacionada coa Teoría do Big Bang) que, baseada nos postulados da Teoría da Relatividade de Albert Einstein, dá unha posible explicación sobre como remataría a historia do universo.

Segundo esta teoría, a medida que o universo se mantén en expansión, este vai freándose e arrefriándose aos poucos, facéndose así máis denso. Tras chegar a unha determinada densidade (a densidade crítica), crearíase unha masa tan grande (un burato negro inmenso) que absorbería todo o universo, volvendo a concentrar toda a materia e enerxía nun único punto, coma antes do Big Bang.

Convén engadir que esta teoría non é a única (outra é o Big Rip), e nin sequera está demostrado que vaia ocorrer: na actualidade, os astrofísicos, tras anos de investigación, falan xa dunha constante e acelerada expansión do universo, que o mantería por debaixo do arrefriamento e da xa citada densidade crítica,  impedido así o Big Crunch.

Fonte: http://curiosidades.batanga.com/4698/teoria-del-big-crunch-el-fin-del-universo

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta