Na película ‘El mago de Oz’ un dos personaxes é o home de estaño; o actor que aparece na película non era o que se escolleu para facer o papel, xa que o orixinal tivo que ser substituído debido a graves problemas respiratorios producidos polo maquillaxe que levaba na cara. Pero, por qué enfermou?
Ao ser o home de estaño, o seu maquillaxe debía ser gris, polo que o equipo decidiu utilizar un composto de mercurio. O que ocorreu foi que entre as substancias estaba o HgCl2, ao cal chaman sublimado corrosivo ou veleno violento, cuxo uso interno pode ocasionar incluso a morte, xa que destrúe as células renais, provocando que as substancias sobrantes do corpo non podan eliminarse, ocasionando así unha autointoxicación.
Existe un antídoto caseiro, pero de uso inmediato, para contrarrestar a intoxicación por dicloruro de mercurio: a clara do ovo. Ao reaccionar os ións de mercurio coa albumina de clara do ovo, o mercurio non pode atravesar as paredes intestinais, desencadeando que sea eliminado polas feces.