Que pasa cando se dorme un brazo?

Nunca sufriches o entumecemento dun brazo ou dunha perna? Sen lugar a dúbidas, é  unha das sensacións máis estranas… O feito de que esta incómoda sensación teña lugar nos nosos membros está directamente relacionado cos nervios.

Xeralmente, a sensación dase cando estamos nunha posición na cal se aplica certa presión que interrumpe a comunicación entre o cerebro e determinadas partes do corpo. Ao interferir nesa comunicación, interferimos na capacidade do noso cerebro para recoñecer as nosas estruturas, identificales e darlle ordes. Esa presión inadecuada que interfire o traballo dos nervios e confunde o cerebro, tamén pode apretar as arterias e o fluxo sanguíneo. Entón ocorre “o formigueo”. Os nutrientes non chegan ás células do corpo, provocando que se comporten dun xeito bastante raro, interferindo ca comunicación sensorial natural do corpo.

Por estas razóns, o cerebro comeza a recibir unha serie de estranos sinais difíciles de interpretar. Ante a inexactitude e a sorpresa resultante, o cerebro non logra recoñecer a totalidade do corpo. É dicir, que se dorme o membro no que os sinais se volveron confusos.

Fonte de información: curiosidades.batanga.com

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta