Orixen da vida e evolución

Ata o momento actual a ciencia non foi capaz de dar unha explicación sobre o que é a vida, á parte de estudar as súas características e as súas manifestacións. Ademais de explicar o que é a vida, houbo outro problema que preocupou ao home dende sempre, e é a orixe da vida, de onde vén?, como se formou? Unha vez que a vida xorde sobre a Terra, formúlasenos un novo interrogante: como a partir dunha soa célula puideron aparecer todas as especies tan diferentes que existen hoxe en día?.

A nosa especie é única en moitos aspectos, se a comparamos coas demais especies que hoxe en día viven sobre a Terra. Non obstante, como ser vivo, xurdiu a partir dos mesmos procesos biolóxicos e evolutivos que o resto dos animais que hoxe podemos ver, é dicir, segundo o neodarwinismo, os cambios no medio, as mutacións e a selección natural modelaron un conxunto de poboacións de primates que se foron transformando ata dar lugar á cadea de homínidos, da cal nós somos o último elo.


 

Esta entrada foi publicada en CCMC. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta