A pareidolia facial (ver caras onde non as hai)

Ver a imaxe de Xesucristo nunha torrada, ver á virxe María nunha mancha de aceite, as caras de Bélmez… mesmo ver caras no gotelé da parede son cousas que ocorren día a día, pero, por que? A resposta, coma case sempre, está na ciencia.

Este fenómeno, coñecido coma a pareidolia facial, está perfectamente explicado pola neurociencia: no noso cerebro temos unha zona concreta, chamada córtex visual, destinada especificamente á busca e identificación de caras no noso arredor, polo que pode facernos percibir un rostro, mesmo onde non o hai. Este recurso natural, que resultaba moi útil para os nosos antepasados (ser rápido en buscar compañeiros ante unha ameaza, ser capaz de ver animais en actitude ofensiva ou outros seres humanos coa mesma actitude, buscar unha parella para a perpetuación da especie…), é o que hoxe en día provoca a visión de rostros onde non os hai.

Así que, xa sabes, cando vexas unha mancha con forma de cara humana, non te asustes, porque non hai ningunha pantasma nin outro ente que a colocase aí, senón que é o teu cerebro, que está a buscar caras polo cuarto.

Fonte: http://www.huffingtonpost.es/2014/05/09/ver-caras-en-cosas-pareidolia_n_5294232.html

 

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.