Hiperactividade: Unha plaga moderna?

Hoxe en día a maioría dos diagnosticados con hiperactividade ou déficit de atención son nenos cuxa idade oscila entre os 3 e os 9 anos. Para facerse unha idea; unha media de dous de cada dez nenos en España son diagnosticados con algún destes transtornos.

Na gran maioría dos casos, estes transtornos desaparecen ao tempo que aumenta a madurez do individuo. Nos máis extremos, perdura ata a idade adulta pero os síntomas diminúen de xeito considerable co paso dos anos.

Tamén se fixeron moitas investigacións para coñeceren se había algunha causa que predispuxera a un individuo a ser hiperactivo, e chegaron a conclusión que aínda que non descartan que a xenética poida ser un factor de risco, non representa realmente unha xustificación de que poida chegar a padecelo. Segundo os máis recentes estudos hay una relación ante o ambiente que rodea os nenos, e a educación que estes reciben. Este último é considerado un factor de gran importancia para os científicos, que non descartan a posibilidade de seguiren afondando neste terreo para sacaren máis datos en claro. Pese a todo, tamén resaltan que antes de dar por suposto unha hiperactividade, sempre é convinte consultar a un psicólogo infantil, posto que é probable que se den casos de infantes que tan só pretenden chamar a atención dos pais ao sentirense desplazados.

-Fontes: Wikipedia, Muy Interesante, Clínica Metta.

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC, Cousas interesantes. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta