8 asombrosos lugares da Terra en risco de desaparecer.

1.- O Arrecife de Belice: Segundo os expertos, en apenas 20 anos este espectacular arrecife, situado no mar Caribe, podería deixar de existir. É o ecosistema máis diverso do mundo, pero tamén o máis vulnerable. Xa en 1998 debido ao furacán Mitch perdeu o 50% das especies, e isto sumado a sobrepesca, a contaminación e ao quencemento global están arrasando este arrecife.

 

 

 

 

 

2.- Nápoles: Do mesmo xeito que con Pompeia, o Vesubio ameaza seriamente esta localidade do sur do país. Este volcán é un dos máis activos e impredecibles, polo que Nápoles pode deixar de existir en calquera momento.

 

 

 

 

3.- O Mar Morto: Diminúe un metro máis cada año. Este lago salino é único, pese a que non alberga apenas vida. A redución da súa principal fonte de agua, o río Xordán, a súa sobre explotación polos minerais que ofrece, e a drenaxe das súas augas para uso humano, ameazan a súa supervivencia.

 

 

 

 

 

 

 

4.- Madagascar: Coñécese tamén como Illa do Tesouro pola súa impresionante riqueza de flora e fauna. Alberga un 5% das especies de animais e plantas do planeta, e o 80% do total son endémicas. Por desgraza, a caza furtiva, a expansión das cidades, a contaminación e a tala masiva dos árbores está acabando coa esencia desta illa.

 

 

 

 

 

5.- Cumes do Kilimanxaro: Nas últimas décadas, perderon o 85% da neve acumulada. Se se cumpren as predicións máis catastrofistas, dentro duns 15 años as zonas xeadas do Kilimanxaro derreteranse por completo.

 

 

 

 

 

 

6.- Illas Maldivas: Estas illas están perdendo a loita contra a subida do mar. O 80% das illas que compoñen este arquipélago atópanse por debaixo do metro sobre o nivel do océano. Unha situación alarmante que de momento segue sen solución. Estímase que, de seguir esta tendencia, en menos de 100 anos deixarán de ser habitables.

 

 

 

 

 

 

 

7.- Gran Barreira de Coral: Nas tres últimas décadas perdeu a metade a súa poboación, e de seguir esta tendencia podería desaparecer en poucos anos. As causas desta devastación foron o aumento das temperaturas, as tormentas tropicais que cada vez son máis fortes, e a inclusión dunha especie de estrela de mar invasora, que se alimenta do coral.

 

 

 

 

 

 

8.- Glaciares da Patagonia: O aumento das temperaturas está acelerando a súa desaparición. Perden toneladas de xeo cada ano, o que ademais de privarnos dunha visión de gran beleza tamén ocasionará problemas no subministro de auga das rexións máis próximas. 

 

 

 

-Fontes: Muy Interesante, National Geographic.

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, Cambio climático, CCMC. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta